16 de Febreiro de 2021
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as ordes de axudas para iniciativas que contribúan a mellorar a produción dos bancos marisqueiros mediante accións como sementeiras e que poden empregarse para paliar os efectos de episodios como os derivados dos últimos temporais
08 de Febreiro de 2021
Os técnicos da Consellería do Mar traballan no seguimento das zonas nas que se rexistrou baixa salinidade das augas e desprazamento de marisco cara ás praias como consecuencia do mal tempo
19 de Xaneiro de 2021
A conselleira do Mar visitou as instalacións da fábrica de xeo no peirao cedeirense
09 de Xaneiro de 2021
Esta cantidade enmárcase na convocatoria de 2021 destas achegas cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca que publicará nos vindeiros días o ‘Diario Oficial de Galicia’
02 de Xaneiro de 2021
A Xunta destina 16 millóns de euros á convocatoria de 2021 destas achegas a proxectos que contribúan a aforrar enerxía ou reducir o impacto no medio ambiente e a avanzar na seguridade, na hixiene e nas condicións de traballo
27 de Decembro de 2020
O ‘Diario Oficial de Galicia’ publicou esta semana a convocatoria de 2021 destas achegas destinadas a investimentos produtivos, á eficiencia enerxética e a servizos de asesoramento no ámbito da acuicultura
26 de Decembro de 2020
Con estas achegas búscase que estas entidades poidan proseguir coa implementación das estratexias no territorio e coa selección de novos proxectos que contribúan ao desenvolvemento sustentable das zonas de pesca
21 de Decembro de 2020
A conselleira do Mar mantivo unha reunión por videoconferencia con representantes dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)
10 de Decembro de 2020
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, compareceu no Parlamento para informar das previsións e liñas de actuación do seu departamento nos próximos anos
04 de Decembro de 2020
As directoras xerais de Pesca e de Desenvolvemento Pesqueiro responderon a distintas preguntas na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo
01 de Decembro de 2020
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, compareceu no Parlamento para presentar as contas que xestionará o seu departamento no próximo exercicio
24 de Novembro de 2020
A conselleira do Mar mantivo un encontro por videoconferencia coa directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea, Charlina Vitcheva
22 de Outubro de 2020
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo unha reunión por videoconferencia coa secretaria xeral de Pesca, Alicia Villauriz
16 de Outubro de 2020
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reuniuse nos últimos días cos presidentes das federacións de confrarías de pescadores de Galicia.
15 de Outubro de 2020
A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, puxo hoxe en valor a industria conserveira de produtos do mar de Galicia, un sector que representa o 85% da produción e da facturación deste ámbito en España.
09 de Outubro de 2020
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, clausurou hoxe a xornada Os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais, onde destacou a importancia da prevención e das boas prácticas no desenvolvemento da actividade diaria para reducir a sinistralidade no sector.
29 de Setembro de 2020
A conselleira do Mar defendeu a importancia de avanzar na dimensión práctica da formación marítimo-pesqueira e de mellorar o benestar das tripulacións a bordo para facer a actividade máis atractiva para as novas xeracións e facilitar a súa incorporación ao sector
28 de Setembro de 2020
O Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo imparte o grao superior dual de Organización do Mantemento de Maquinaria de Buques e Embarcacións, que ten carácter experimental
28 de Setembro de 2020
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou esta mañá as instalacións deste centro, onde estivo acompañada polo equipo docente e pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
25 de Setembro de 2020
A conselleira do Mar visitou as instalacións da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa)
23 de Setembro de 2020
A conselleira do Mar aclarou no Parlamento que é unha obriga legal facelo, xa que o destino dos cartos contidos no Fondo Europeo Marítimo e de Pesca ten que ser o sector e dentro del os diferentes subsectores como o marisqueo
14 de Setembro de 2020
O titular da Xunta visitou hoxe a lonxa de Noia, con motivo do inicio da campaña marisqueira e as obras de remodelación da fachada marítima de Porto do Son
19 de Agosto de 2020
A conselleira do Mar en funcións visitou ás mariscadoras da confraría de pescadores de Muros
13 de Agosto de 2020
O ‘Diario Oficial de Galicia’ vén de publicar a convocatoria de achegas de 2020 para a preparación e aplicación dos seus plans de produción e comercialización
05 de Agosto de 2020
O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe a orde a través da que se incrementa o importe destinado á convocatoria de 2020 destas achegas, que pasa a ser dun total de máis de 10,8 millóns de euros
04 de Agosto de 2020
O ente dependente da Consellería do Mar aporta a súa experiencia tanto na difusión da ciencia aos sectores marítimos e á comunidade pesqueira como na execución de proxectos neste ámbito
15 de Xullo de 2020
A conselleira do Mar en funcións participou na presentación telemática do proxecto de cooperación ‘Tanza: inclusión social, sector pesqueiro, economía circular’
10 de Xullo de 2020
Esta medida está incluída no plan ‘Avantemar’ e sairá publicada no ‘Diario Oficial de Galicia’ nos próximos días para compensar o 70% das perdas de ingresos rexistradas durante o estado de alarma por estas entidades nas tarifas que lles corresponden pola poxa ou venda de produtos do mar
10 de Xullo de 2020
O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe a orde que establece os requisitos para que os pesqueiros que seguiron faenando durante a pandemia e as redeiras poidan acceder ás medidas previstas para eles no plan deseñado pola comunidade para reactivar o complexo mar-industria
06 de Xullo de 2020
Esta medida está incluída no plan ‘Avantemar’ e derívase ao próximo ano para que poida atender os danos de todo o exercicio, tanto os causados durante a pandemia como os provocados pola saturación dos mercados unha vez levantado o estado de alarma
01 de Xullo de 2020
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou esta mañá a lonxa do Testal en Noia
30 de Xuño de 2020
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou as instalacións da empresa Frigoríficos Fercon
29 de Xuño de 2020
Esta é unha das medidas do plan de recuperación para o eido marítimo-pesqueiro dirixida especificamente ás profesionais que viron reducidos os seus ingresos durante a pandemia e non puideron beneficiarse da prestación por cese de actividade habilitada trala declaración do estado de alarma
26 de Xuño de 2020
A conselleira do Mar visitou o centro de estabulación de marisco da lonxa da Illa de Arousa
25 de Xuño de 2020
A conselleira do Mar participou por videoconferencia no acto de clausura das XXVII Xornadas Técnicas de Expomar
22 de Xuño de 2020
A conselleira do Mar participou por videoconferencia no Consello Consultivo de Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios
18 de Xuño de 2020
A conselleira do Mar reuniuse no Grove con representantes da confraría e das mariscadoras para analizar as medidas para facer fronte á crise da covid-19
17 de Xuño de 2020
A conselleira do Mar reuniuse en Ribeira con representantes do sector pesqueiro onde presentou as medidas a adoptar para facer fronte á crise derivada da covid-19
15 de Xuño de 2020
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou esta tarde por videoconferencia na Conferencia Sectorial de Pesca presidida polo ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, e da que tamén formaron parte o resto de conselleiras e conselleiros autonómicos do ramo.
14 de Xuño de 2020
Galicia constata o seu liderado en España nas estratexias de desenvolvemento local participativo durante unha reunión telemática que mantivo xunto ao Goberno central coa Comisión Europea e a Rede Europea de Zonas de Pesca
04 de Xuño de 2020
A secretaria xeral técnica da Consellería do Mar participou nunha reunión telemática da Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas co presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo
19 de Maio de 2020
A conselleira do Mar e o delegado territorial da Xunta na Coruña mantiveron unha videoconferencia con representantes do sector marítimo-pesqueiro da provincia
16 de Maio de 2020
A medida, que xa lle foi trasladada aos presidentes das federacións provinciais e galega de confrarías, inclúese na orde de axudas para proxectos colectivos do sector pesqueiro de protección e recuperación da biodiversidade mariña
13 de Maio de 2020
A conselleira do Mar e a delegada territorial da Xunta en Vigo mantiveron unha videoconferencia con representantes do sector marítimo-pesqueiro da área viguesa
27 de Abril de 2020
As medidas afectan ao conxunto das administracións e teñen como obxectivo facilitar liquidez a través do adiamento de impostos, anticipos bancarios e un aumento dos créditos ás empresas
11 de Abril de 2020
Faino de xeito excepcional no contexto de estado de alarma do coronavirus ao considerarse un apoio indispensable para a protección da actividade marítimo-pesqueira esencial para o subministro de alimento e tamén para a recuperación da actividade marisqueira tras esta situación excepcional
28 de Marzo de 2020
Entre os obstáculos que se atopa o sector que faena en augas estranxeiras está a imposibilidade de facer o relevo de tripulantes debido á corentena e ás restricións de viaxe no período de emerxencia do Covid-19
27 de Marzo de 2020
A conselleira do Mar enviou unha carta ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación ante as negociacións coa Comisión Europea sobre o COVID-19
19 de Marzo de 2020
A conselleira do Mar mantivo unha xuntanza por videoconferencia co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación e co resto de conselleiros autonómicos do ramo
14 de Febreiro de 2020
A conselleira do Mar participou na presentación dunha xornada técnica informativa destinada ás confrarías de pescadores
06 de Febreiro de 2020
A conselleira do Mar reuniuse coa secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
04 de Febreiro de 2020
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou hoxe a confraría de pescadores da Illa de Arousa
03 de Febreiro de 2020
A conselleira do Mar visitou hoxe Conservas Faro de Burela e o CIMA de Ribadeo
06 de Xaneiro de 2020
Ferrol, Cariño, Baiona, Vilaxoán, Fisterra, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, A Guarda, Aldán, Camariñas, Vilaboa, Arcade, Barallobre e Mugardos xa dispoñen desta plataforma tecnolóxica única que integra os sistemas de xestión, poxa e comercialización
28 de Decembro de 2019
As achegas son para actuacións que limiten o impacto da pesca no medio mariño, melloren as condicións de traballo a bordo ou aumenten o valor engadido e a calidade dos produtos pesqueiros, entre outras. A Xunta tamén apoia con axudas de ata 75.000 euros aos tripulantes de buques pesqueiros galegos con experiencia no sector que queiran adquirir a súa primeira embarcación e incorporarse á actividade como armadores. O ‘Diario Oficial de Galicia’ publicou esta semana as dúas ordes que regulan a convocatoria de 2020 destas achegas
22 de Decembro de 2019
O Diario Oficial de Galicia publicou esta semana a orde que regula a convocatoria de 2020 destas achegas coas que a Xunta subvenciona ata o 50% dos investimentos que fomenten a sustentabilidade ambiental. Teñen como obxectivo apoiar melloras das pemes que contribúan a aforrar enerxía ou reducir o impacto no medio ambiente e que melloren a seguridade, a hixiene e as condicións de traballo, entre outros aspectos
15 de Decembro de 2019
Destas subvencións poden beneficiarse as confrarías, organizacións de produtores e entidades asociativas do sector que sexan titulares de plans marisqueiros en réxime de coxestión e teñan a sede social en Galicia
29 de Novembro de 2019
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron hoxe en Santiago a primeira das iniciativas programadas
22 de Novembro de 2019
A secretaria xeral técnica, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e a presidenta de Portos de Galicia responderon a diferentes preguntas na Comisión 8ª
20 de Novembro de 2019
A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, salientou hoxe que a “internacionalización é unha vía irrenunciable para mellorar a competitividade das empresas galegas e recuperar o crecemento económico”
14 de Novembro de 2019
A conselleira do Mar participou na sesión extraordinaria sobre o brexit e a pesca celebrada no marco da asemblea xeral da Comisión do Arco Atlántico
08 de Novembro de 2019
O Centro Tecnolóxico do Mar e o portugués Forum Oceano preparan conxuntamente o evento que se celebrará no Centro de Congresos Alfândega do Porto entre os días 11 e 13 de novembro
08 de Novembro de 2019
A conselleira do Mar visitou as instalacións desta empresa conserveira de Vilanova de Arousa que este ano celebra o seu 50 aniversario
15 de Outubro de 2019
A conselleira do Mar asistiu en Luxemburgo ao Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea
14 de Outubro de 2019
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiu hoxe en Luxemburgo xunto co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación en funcións, Luis Planas, ao Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea que continuará mañá
07 de Outubro de 2019
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiu á reunión do Consello Consultivo de Pesca para Asuntos Comunitarios e á Conferencia Sectorial de Pesca
04 de Outubro de 2019
A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, eloxiou hoxe a aposta e a implicación das organizacións de produtores pesqueiros de Galicia
01 de Outubro de 2019
A conselleira do Mar participou na presentación dunha nova liña de financiamento do Banco Santander para o sector de Pesca e Acuicultura
30 de Setembro de 2019
A conselleira do Mar participou na inauguración do Congreso Internacional sobre Sustentabilidade Social
26 de Setembro de 2019
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na reunión do pleno da Conferencia para Asuntos Relacionados coa Unión Europea (CARUE), para abordar as medidas de continxencia ante o desenlace do Brexit
20 de Setembro de 2019
A directora xeral de Pesca participou na clausura do I Congreso Internacional de Organizacións de Produtores Pesqueiros (OPP) e de Acuicultura
19 de Setembro de 2019
Ovidio Rodeiro informou que estas achegas teñen como obxectivo apoiar ás pequenas e medianas empresas para que poidan facer melloras
19 de Setembro de 2019
A directora xeral de Pesca participou na inauguración do I Congreso Internacional de Organizacións de Produtores Pesqueiros (OPP) e de Acuicultura
12 de Setembro de 2019
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que máis de 55 proxectos en pemes de Industrias de Transformación beneficiaranse en Galicia de 11,5 millóns de euros para mellorar as súas instalacións este ano e no 2020, deles, 36 se atopan na provincia de Pontevedra
29 de Agosto de 2019
A conselleira do Mar visitou a praia de Rodeira para explicar a liña de axudas existente para proxectos de rexeneración de bancos marisqueiros
14 de Agosto de 2019
A conselleira do Mar visitou un polígono de bateas na ría de Aldán para explicar as liñas de axudas existentes no sector da acuicultura
13 de Agosto de 2019
A conselleira do Mar visitou a lonxa de Porto do Son e alí comprobou as melloras realizadas en materia de eficiencia enerxética
13 de Agosto de 2019
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañou hoxe ao eurodeputado e membro da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Francisco Millán Mon, na súa visita á lonxa de Ribeira
31 de Xullo de 2019
A directora xeral de Pesca participou na presentación do primeiro Congreso Internacional de Organizacións de Produtores (OPP) Pesqueiros e Acuícolas
26 de Xullo de 2019
A directora xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez, participou na inauguración das VI Xornadas internacionais de pesca sobre grandes migradores
19 de Xullo de 2019
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou esta tarde a lonxa de Ribeira coa xefa da unidade de soporte estrutural no Atlántico, mar do Norte, mar Báltico e rexións ultraperiféricas, Alenka Kampl.
18 de Xullo de 2019
Rosa Quintana agradeceu a presenza en Galicia da xefa da unidade de soporte estrutural no Atlántico, mar do Norte, mar Báltico e rexións ultraperiféricas, Alenka Kampl, para analizar o FEMP que rexerá entre os anos 2021 e 2027
09 de Xullo de 2019
As preto de 730 iniciativas aprobadas pola Xunta xeraron arredor de 500 postos de traballo directos a tempo completo e favoreceron o aumento do valor engadido bruto da economía galega en case 57 millóns de euros
25 de Xuño de 2019
O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe a convocatoria de 2019 para a preparación e aplicación dos seus plans de produción e comercialización
18 de Xuño de 2019
A conselleira do Mar participou na inauguración do 20 Congreso da Asociación de Fabricantes e Distribuidores Aecoc de Produtos do Mar
10 de Xuño de 2019
A conselleira do Mar asistiu ao Consello Consultivo de Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios e á Conferencia Sectorial de Pesca
07 de Xuño de 2019
A secretaria xeral técnica e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro responderon a diferentes preguntas na Comisión 8ª
16 de Maio de 2019
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou na clausura da xornada ‘Innovación y Valorización del Mejillón de Galicia’
13 de Maio de 2019
A conselleiras do Mar e de Educación, Universidade e Formación Profesional visitaron hoxe o CEIP Ramón de Artaza y Malvárez
10 de Maio de 2019
A conselleira do Mar presidiu hoxe en Burela o pleno do Consello Galego de Pesca
09 de Maio de 2019
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou na inauguración das XXVI Xornadas Técnicas Expomar Burela 2019
08 de Maio de 2019
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiu á reunión do Consello Consultivo de Pesca para Asuntos Comunitarios
06 de Maio de 2019
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiu á celebración do Día de Europa na sede da Axencia Europea de Control da Pesca
20 de Abril de 2019
Este recoñecemento pon en valor a utilidade deste selo que acredita a identificación dos produtos da pesca artesanal e do marisqueo cun alto nivel de frescura e que se comercializan por empresas situadas en Galicia. Súmase aos das campañas da Xunta ‘O sabor da aventura está no mar’ e ‘Ponlle as pilas ao teu bocata’, seleccionadas tamén pola Comisión Europea como exemplo de boas prácticas.
05 de Abril de 2019
A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, participou hoxe no IES Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas na mesa redonda Pesca e sustentabilidade, onde expuxo ante os alumnos a importancia das actividades pesqueira, marisqueira e acuícola nesta localidade coruñesa e os principais aspectos que inflúen na xestión dos recursos.
30 de Marzo de 2019
Entre o 2 e o 4 de abril a facultade de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a XXIV Conferencia da Asociación Europea de Economistas da Pesca baixo o título Buscando o azul: a economía da pesca e a acuicultura postmilenaria.
29 de Marzo de 2019
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, asinou hoxe a recepción técnica que dota o porto de Ferrol dun carro varadoiro con cabestrante para mantemento e reparación de embarcacións de pesca de ata 20 toneladas e de ata 12,7 metros de eslora total.
15 de Marzo de 2019
Un grupo de 60 alumnos puido comprobar como é o traballo diario nos portos, lonxas e prazas de abastos vencellado á actividade extractiva. Os estudantes degustaron elaboracións feitas a partir de pescados e mariscos e coñeceron os beneficios que ten o seu consumo para a saúde
09 de Marzo de 2019
Esta é unhas das recomendacións recollidas nun informe realizado polo Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) por encargo da Comisión de Pesca da Eurocámara
04 de Marzo de 2019
A conselleira do Mar participou na inauguración do Centro de Interpretación do Estuario do Anllóns
02 de Marzo de 2019
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou na presentación do `Estudo do bordo litoral desde a enseada de Broña a Punta Barquiña no concello de Outes'
26 de Febreiro de 2019
O Goberno galego agradece esta disposición por parte do Estado, a pesar de que este ofrecemento teña lugar toda vez que a Xunta xa abriu camiño en Bruxelas para poder resolver esta situación
22 de Febreiro de 2019
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reuniuse co presidente da Alianza Pesqueira Europea (EUFA), Gerard Van Balsfoort
21 de Febreiro de 2019
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reunise co director xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG Mare) da Comisión Europea, João Aguiar
19 de Febreiro de 2019
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou en Ferrol dous proxectos do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ártabro Norte
08 de Febreiro de 2019
A secretaria xeral técnica e a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica responderon a distintas preguntas na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo
31 de Xaneiro de 2019
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, clausurou a xornada final do proxecto Redmar II
03 de Xaneiro de 2019
O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que esta axuda, enmarcada no Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), vai na liña da colaboración constante que a Administración autonómica impulsa en apoio do sector pesqueiro galego e, en particular, do lucense
27 de Decembro de 2018
O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, reuniuse con directivos da OPP-77 ao obxecto de avaliar as liñas de colaboración en marcha
26 de Decembro de 2018
O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que recentemente se notificaron as novas axudas para vixiantes e asistencias técnicas
12 de Decembro de 2018
A titular de Mar louva o papel destas entidades na xestión responsable dos recursos mariños para garantir o futuro das comunidades pesqueiras
03 de Decembro de 2018
O DOG publica hoxe a convocatoria de 2019 das axudas para apoiar investimentos produtivos, a eficiencia enerxética e o uso de fontes de enerxía renovables, así como os servizos de asesoramento técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no eido da acuicultura.
30 de Novembro de 2018
Todas as unidades serán aptas para tarefas de inspección e vixilancia pesqueira, control e apoio á frota, colaboración en operacións de busca e salvamento marítimo e participación en actividades de loita contra a contaminación mariña.
24 de Novembro de 2018
Nos órganos reitores das confrarías de pescadores de Galicia, a presenza feminina aumentou nun 56% en relación ao ano 2014. Na pesca extractiva as mulleres representan o 5% e no eido da acuicultura o 25%. Rosa Quintana lembrou que a Xunta leva máis de 25 anos traballando pola profesionalización do sector e o recoñecemento dos dereitos da muller mariñeira
16 de Novembro de 2018
Estas iniciativas enmárcanse na convocatoria de axudas deste ano a proxectos para recuperar hábitats mariños e costeiros para as anualidades 2018 e 2019.
14 de Novembro de 2018
A comunidade autónoma galega argumenta que os peixes de augas profundas teñen escasa relevancia de captura, xa que adoitan ser especies accesorias da actividade pesqueira.
30 de Outubro de 2018
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, compareceu no Parlamento para presentar o orzamento que xestionará o seu departamento no 2019
23 de Outubro de 2018
O titular da Xunta participou na V Conferencia da Plataforma de Grupos de Interese Atlánticos, Economía Azul na área Atlántica da UE
17 de Outubro de 2018
A conselleira do Mar participou no acto de celebración do 25 aniversario da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira
10 de Outubro de 2018
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro participou no obradoiro sobre desenvolvemento local enmarcado na XVI Semana Europea das Rexións
04 de Outubro de 2018
A secretaria xeral técnica, Isabel Concheiro, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, responderon a diferentes preguntas na Comisión 8ª
22 de Setembro de 2018
O Diario Oficial de Galicia publicou esta semana a convocatoria de 2018 destas achegas cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca
20 de Setembro de 2018
Estas achegas aprobadas pola Consellería do Mar son para 75 proxectos dos GALP e enmárcanse na convocatoria de 2018
06 de Setembro de 2018
A conselleira do Mar recibiu á nova directiva da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca – Anmupesca
09 de Agosto de 2018
A conselleira do Mar visitou as instalacións de Conservas del Noroeste (Connorsa)
08 de Agosto de 2018
A conselleira do Mar visitou unha batea da empresa Barlovento na ría de Arousa
07 de Agosto de 2018
A conselleira do Mar Rosa Quintana visitou en Vigo o buque arrastreiro `Marbella´
31 de Xullo de 2018
Galicia representa durante este semestre ás comunidades autónomas españolas en materia pesqueira ante a UE e trasladará ao Ministerio as súas propostas sobre os regulamentos de medidas técnicas, o de control e o do futuro Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para defendelas en Bruxelas
31 de Xullo de 2018
A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, na presentación do IV Foro de Ciencia e Tecnoloxía Innovación e biotecnoloxía para un sector mariño e alimentario máis competitivo e sustentable
30 de Xullo de 2018
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou as instalacións da empresa Conxelados Noribérica, en Mos
24 de Xullo de 2018
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 2018 para a preparación e aplicación dos seus plans de produción e comercialización e para a creación ou reestruturación destas organizacións
17 de Xullo de 2018
Rosa Quintana visitou o simulador da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira
13 de Xullo de 2018
A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica respondeu no Parlamento a unha pregunta relacionada co sector do mexillón en Galicia
10 de Xullo de 2018
A conselleira do Mar deu conta no Parlamento das demandas propostas por Galicia en relación á reformulación do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca
03 de Xullo de 2018
A conselleira do Mar participou en Ribeira no debate `Futuro de Europa´, enmarcado na campaña da Comisión Europea `Fala de Europa na túa cidade´
27 de Xuño de 2018
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que grazas á incorporación destes equipamentos, solicitados polas propias confrarías de pescadores, os portos e lonxas ven melloradas as súas instalacións
25 de Xuño de 2018
Esta cifra despréndese do informe encargado pola Consellería do Mar á Universidade de Santiago de Compostela (USC), que foi presentado hoxe ao sector no seo do Consello Galego de Pesca e que se remitirá ás institucións europeas
23 de Maio de 2018
Rosa Quintana destacou que no último ano a Consellería do Mar puxo a disposición do sector máis de tres millóns de euros para este cometido
11 de Maio de 2018
A conselleira do Mar clausurou as xornadas de portas abertas do Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo
19 de Abril de 2018
A reunión de Farnet que se celebra hoxe e mañá en Bruxelas ten como obxectivo recoñecer o traballo que realizou Galicia para dar continuidade sen interrupción ao labor dos grupos de desenvolvemento local das zonas costeiras
17 de Abril de 2018
A Xunta destinou preto de 13 millóns de euros á convocatoria de 2018 destas axudas
04 de Abril de 2018
Rosa Quintana destacou que a campaña de Vegalsa-Eroski e de Anfaco-Cecopesca, que hoxe se presenta, busca difundir os valores nutricionais das conservas de produtos do mar e as súas posibilidades gastronómicas.
26 de Marzo de 2018
Isabel Concheiro explicou que se subvencionou a mellora da eficiencia enerxética dos buques
16 de Febreiro de 2018
En relación á frota do cerco, Mercedes Rodríguez lembrou que a Xunta solicitou ao Goberno central o transvase das cantidades de cota sobrantes do ano anterior e entre stocks de diferentes zonas
10 de Febreiro de 2018
A conselleira do Mar e a directora da Amtega explicaron a iniciativa aos representantes das confrarías de Arcade, Cangas, Ferrol, Fisterra, Illa de Arousa, Moaña, Portonovo, Redondela, Vigo e Vilaboa
09 de Febreiro de 2018
A Consellería do Mar destina preto de 13 millóns de euros á convocatoria de 2018 destas axudas
02 de Febreiro de 2018
Este sector configura un conglomerado de empresas produtoras, transformadoras e comercializadoras cunha aportación esencial aos municipios do litoral galego, duns 400 millóns de euros de facturación
31 de Xaneiro de 2018
Estas axudas convocaranse nos vindeiros días e a través delas as confrarías e organizacións de produtores contribuirán de forma sustentable a mellorar a xestión e conservación dos recursos marisqueiros
29 de Xaneiro de 2018
Rosa Quintana especificou que se rexenerarán 10 millóns de metros cadrados de bancos marisqueiros que perderon a súa potencialidade produtiva e para ese cometido destinaranse catro millóns de euros
23 de Xaneiro de 2018
Galicia e os representantes do sector coinciden na necesidade da continuidade do fondo vinculado ao sector pesqueiro, á súa cadea de transformación e tamén ao sector da acuicultura
A simplificación administrativa é outro aspecto proposto polo sector para o futuro fondo de financiamento que vai en liña co que defende Galicia
22 de Xaneiro de 2018
A Xunta fixo fincapé na importancia da continuidade dun fondo específico para a estrutura marítimo-pesqueira que sexa acorde e coordinado coa normativa europea e orientado a conseguir os obxectivos da Política Común de Pesca e da Política Marítima Integrada
Galicia defende o relevo xeracional, o apoio á organización, o mantemento da competitividade do sector transformador e a diversificación do sector nas zonas costeiras rurais como prioridades para o novo fondo
09 de Xaneiro de 2018
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou esta mañá en Santiago na presentación da páxina web da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca), onde sinalou que este “espazo de encontro dixital” servirá como ferramenta para aglutinar todo o saber facer das mulleres que forman parte desta asociación, o que contribuirá ao seu empoderamento, subliñou.
03 de Xaneiro de 2018
A nova liña de comercialización de crustáceos de Mariscos O Grove recibiu o apoio da Consellería do Mar a través desta liña de axudas.
A través destas achegas a Xunta busca a impulsar proxectos que, entre outros aspectos, contribúan a aumentar o valor e promoción da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos da pesca e da acuicultura
Ademais destas axudas, Mar destina máis de 311.500 euros á convocatoria deste ano das achegas a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos GALP
19 de Outubro de 2017
Os cursos desenvolveranse nos meses de novembro e decembro. Serán no Instituto Galego de Formación en Acuicultura, no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo, na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira, na de Ferrol, nas aulas de extensión pesqueira de Celeiro e Burela, na Facultade de Veterinaria de Lugo e nalgunhas aulas das confrarías. O período de matrícula estará aberto dende hoxe ata o 31 de outubro
12 de Outubro de 2017
Rosa Quintana fixo fincapé na necesidade dun futuro fondo de financiamento orientado a conseguir os obxectivos da Política Común de Pesca e simplificado para facilitar a súa aplicación práctica ás administracións e pescadores. Destacou como prioridades de Galicia para o novo fondo o relevo xeneracional, o apoio á organización, o mantemento da competitividade do sector transformador e a diversificación do sector nas zonas costeiras rurais. Puxo de relevo a necesidade das axudas a empresas de alto volume de emprego ou facturación, co obxectivo de manter a súa capacidade de I+D+i ou de mellora de estándares laborais
08 de Outubro de 2017
Estará representada pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, que participarán na primeira xornada deste evento que se celebrará na capital estonia o 12 e o 13 de outubro. Durante a conferencia exporanse en formato poster iniciativas escollidas pola Unión Europea como exemplo de boas prácticas de aplicación dos fondos pesqueiros, entre elas a campaña Ponlle as pilas ao teu bocata, da Consellería do Mar
03 de Outubro de 2017
Rosa Quintana lembrou que ademais a Administración galega preparou e trasladou ás autoridades nacionais e europeas correspondentes unha proposta para adecuar as esixencias dos botiquíns aos tempos de resposta derivados da distancia á costa. Fixo fincapé na importancia de mellorar a implementación e expansión dos instrumentos xurídicos dispoñibles para conseguir que o sector pesqueiro mundial asuma as pautas normativas internacionais como propias
29 de Setembro de 2017
Estas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, convocáronse por primeira vez o ano pasado e entre o 2016 e este ano beneficiáronse 5 proxectos por un valor total de arredor de 455.000 euros. Rosa Quintana sinalou que a rede europea de zonas de pesca, Farnet, escolleu a Galicia como exemplo do bo facer dos GALP
28 de Setembro de 2017
Mercedes Rodríguez destacou o apoio da Xunta a este sector a través do Plan estratéxico da conserva galega horizonte 2020, que busca mellorar a súa competitividade. En relación á frota que faena en augas internacionais aclarou que son as normas comunitarias as que non permiten a aplicación de certos réximes de excepcionalidade, incluíndo os beneficios sociais e fiscais. Isabel Concheiro insistiu na transparencia do procedemento de consulta pública realizado para o concurso dos helicópteros de Gardacostas. En canto á ameixa fina, Susana Rodríguez sinalou que a Consellería do Mar está a desenvolver un programa específico para a conservación e restauración da biodiversidade, que contempla a repoboación desta especie
21 de Setembro de 2017
O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, visitou hoxe a empresa de transformación de produtos pesqueiros Frigomar, emprazada no polígono de Cuiña (Cervo) que recibiu unha axuda de máis de 218.000 euros para introducir melloras tecnolóxicas na liña de procesado
06 de Setembro de 2017
O delegado territorial, José Manuel Cores Tourís, destacou que o principal destino será o sector bateeiro, en especial na provincia de Pontevedra, primeira produtora galega. A nivel nivel provincial as axudas roldarán o millón de euros
30 de Agosto de 2017
As confrarías que participan neste programa bianual son as de Muros, Cabo de Cruz, Noia, O Pindo, A Pobra, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Carreira e Aguiño. Son accións de protección e recuperación da biodiversidade, xestión e conservación dos recursos e fomento da sensibilización ambiental
11 de Agosto de 2017
Pesca inviste máis de 3,1 millóns de euros nun plan bianual que beneficia a 26 agrupacións da provincia, en colaboración co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, deu a coñecer o programa de achegas no transcurso dunha visita á confraría de Pontedeume
26 de Xuño de 2017
A conselleira explicou que este labor é froito dunha reorientación de fondos levada a cabo pola Xunta dende o ano 2009 e coa mirada posta na produtividade, a competitividade e a xeración de emprego e valor no sector marítimo-pesqueiro. Para iso traballa con dúas ferramentas clave que son os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) e a estratexia de Crecemento Azul ou Blue Growth. Lembrou que o Fondo Europeo e Marítimo de Pesca reserva para Galicia 487 millóns de euros en axuda pública ata o 2020
23 de Xuño de 2017
A conselleira do Mar participará o vindeiro luns no VII Foro de Cohesión da Unión Europea, un evento ao que foi convidada pola DG Regio para expor o exemplo de Galicia na inversión de fondos europeos no eido marítimo-pesqueiro. Intervirá nun obradoiro relacionado co máximo aproveitamento do investimento público, que terá lugar a partir das 17:00 horas na sala Mansholt do edificio Charlemagne da Comisión Europea, que albergará o evento
20 de Xuño de 2017
Entre xaneiro e xuño deste ano ofertou un total de 95 cursos, fronte aos 43 que se impartiron no 2016.
A titular de Mar destacou o esforzo da Consellería para ofrecer unha formación adaptada ás necesidades formativas do sector polo litoral de Galicia .
06 de Outubro de 2016
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, inaugurou esta mañá no Grove o XIX Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas. Alí reiterou a aposta da Consellería do Mar pola frota de baixura e lembrou que este colectivo terá un acceso preferente a 158 millóns de euros no marco do Plan de acción de desenvolvemento e sustentabilidade da pesca costeira artesanal de Galicia.
25 de Maio de 2016
A conselleira do Mar trasladou a aposta da Xunta por modernizar a frota respectando sempre o equilibrio entre a súa capacidade e as posibilidades de pesca dispoñibles