FAQs

ondas
 

1) Como podo acceder a unha axuda do FEMP?.
Ten que presentar unha solicitude cando haxa unha convocatoria aberta segundo o tipo de posible beneficiario que vostede sexa (propietario de buque, pescador, empresa de transformación, empresa de acuicultura...)

2) As comunidades de bens ou sociedades civís tamén poden solicitar axuda?.
Sí, se se recolle así nas Ordes de bases reguladoras. En concreto, para a convocatoria de 2018 está recollida esta posibilidade, polo tanto, pódense presentar.

3) Se eu solicito unha axuda, por exemplo, de 50.000 €, quere iso dicir que vou obter 25.000 € de axuda dado que na meirande parte dos casos a subvención é do 50%?
Unha vez que vostede presente a solicitude dentro do prazo establecido e se comprobe que reúne os requisitos, comprobarase tamén se todo o que solicita é subvencionable e, ademais, daráselle unha valoración do investimento con criterios técnico e homoxéneos. É dicir, que a súa subvención poderá ser de 25.000 € pero tamén podería ser de menos, pero en calquera caso informaráselle delo.

4) Podo solicitar unha axuda, se xa realicei o investimento?.
Non, un dos requisitos é que o investimento non estea finalizado nin pagado. Ademais, en moitos casos cómpre que tampouco estea iniciado, o que deberá comprobar na Orde que regula a concesión da axuda (Orde de bases reguladoras).

5) Como se comproba se o investimento está finalizado ou non iniciado?.
Salvo que a Orde de bases permita unha excepción, será comprobado pola administración, para o cal vostede deberá prestar a máxima colaboración.

6) Que sucede se non se pode comprobar a non finalización ou non inicio?.
Pois que ese investimento non se pode subvencionar.

7) Son propietario dun buque pesqueiro e cando solicito a axuda o buque non está en Galicia, como se pode facer esa comprobación?.
No caso de que as obras se realicen noutra comunidade autónoma ou o buque estea noutra comunidade autónoma no momento de realización da acta, esta certificación poderá ser emitida polos servizos correspondentes desa comunidade autónoma, para o cal, vostede únicamente deberá comunicar que o buque está nesa comunidade concreta e a administración xa se encarga da devandita xestión.
No caso de que obras se realicen no estranxeiro ou se o buque estea no estranxeiro, esta certificación poderá ser emitida por entidade ou organismo habilitado pero deberá estar debidamente acreditada coa intervención das autoridades españolas correspondentes (embaixada, consulado ou outras con capacidade para realizala). Tamén é posible que o órgano competente designe á persoa ou persoas para que se despracen ata onde estea o buque para realizar a visita in situ e posterior certificación de non inicio; esta opción poderá ser solicitada por vostede pero deberá correr cos gastos do devandito desprazamento.

8) Unha vez que teño concedida a axuda, que teño que facer para o pagamento?.
Deberá ter o investimento finalizado para o cal, a administración procederá á comprobación do fin de obra como nas respostas 4,5 e 6. Ademais deberá presentar a documentación que figure na Orde reguladora de bases.

9) Son un solicitante persoa xurídica pero quero solicitar a miña axuda en papel, é posible?.
De acordo coa Ley 39/2015 de Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas, e tal e como se indica nas correspondentes ordes de convocatoria, as persoas xurídicas están obrigadas á presentación electrónica, polo que, no caso de facelo en papel se lle requirirá para que enmende a súa solicitude presentándoa electronicamente. Para todos os efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que foi presentada electronicamente e esa será a única solicitude válida.

10) Son un solicitante persoa física que podería presentar a solicitude en papel xa que non estou obrigado a presentala en formato electrónico, pero quero facelo de xeito electrónico, é posible?.
Sí, a obriga de presentación electrónica só é para as persoas xurídicas pero as persoas físicas, aínda que non estean obrigadas, teñen a opción de facelo tamén electrónicamente, se así o desexan.

11) A miña solicitude vai ser presentada por una xestoría, cofradía ou outro que non é o representante legal da empresa, hai que facer algo distinto?
Se vostede é unha persoa física e se vai relacionar coa admisnitración presentando a solicitude en papel, non hai inconvinte porque a súa solicitude xa estará asinada por vostede, pero se se trata dunha persoa xurídica, dado que se vai presentar de xeito electrónico desde o ordenador dunha persoa física que non é representante legal da empresa, deberá achegar o modelo seguinte que se atopa nas Ordes reguladoras de axudas:

Anexo

 

Isto tamén aplica para unha persoa física que presente electrónicamente desde un ordenador que non ten o seu certificado dixital.

12) O anexo VI das Ordes reguladoras parece un pouco complexo, ¿como o cubro?.
A importancia do Anexo VI radica en que segundo a empresa sexa ou non PEME, terá ou non axuda e a porcentaxe desta será maior ou menor.
O Anexo VI ten tres partes que se deberán cubrir en función das circunstancias do solicitante. Imos partir dun exemplo esquematizado un pouco complexo no que se teñan que cubrir o Anexo VI.1, VI.2 e VI.3:

Supoñamos que o solicitante da axuda é unha persoa física chamada Nome1 Apelidos1, que participa na persoa xurídica chamada Empresa A. A súa vez, a empresa A está participada pola persoa física Nome2 Apelidos2 e pola empresa xurídica Empresa C. Ademais, a empresa A participa na empresa B. Finalmente, Nome2 Apelidos2 tamén participa na empresa D. En esquema:

 

A continuación, poñemos como se deben cubrir as tres partes do devandito Anexo (NOTA: as casiñas amarelas son obrigatorias e as verdes, se procede). Se o solicitante é unha persoa física:

Gráfico

 

Lóxicamente, se a persoa solicitante non participa nunha porcentaxe igual ou superior ao 25 % en ningunha empresa xa non ten que cubrir o Anexo VI.2 nin VI.3.

NOTA: O Anexo VI.2 cubrirase sempre que o solicitante sexa unha persoa xurídica, ou seguindo co exemplo, se o solicitante é unha persoa física que cubríu o cadro 1 do Anexo VI.1 coa Empresa A:

Gráfico

 

O Anexo VI.2 (continuación) seguiríase a cubrir do seguinte xeito, seguindo co exemplo:

Gráfico

 

Finalmente, a última parte do devandito anexo, o Anexo VI.3, só se ten que cubrir se no Anexo VI.2 cadro 3, ao escoller márcase SÍ, polo tanto:

Gráfico

 

NOTA: Mais información respecto de empresas asociadas e vinculadas na “Guía do usuario sobre a definición do concepto de PYME" 2015.

13) Unha vez concedida a axuda, por unha serie de circunstancias debo modificar os investimentos que me foron concedidos, que podo facer?.
A solicitude motivada da modificación deberá presentarse ao órgano concedente por escrito con anterioridade á súa realización e nun prazo non inferior de dous meses antes da data límite de xustificación do investimento. A modificación requirirá resolución expresa da Consellería do Mar.
As Orde de bases xeralmente regulan os requisitos para a concesión no artigo de “Modificación da resolución”. Cómpre salientar que un dos requisitos para conceder a modificación é que non implique unha nova valoración da solicitude, é dicir, e por citar un exemplo, se vostede ten concedida unha axuda para unha determinada máquina clasificadora de peixe e considera que debe poñer no seu lugar unha máquina distinta dentro dese proceso, deberá motivar debidamente ese cambio en prazo, pero non sería admisible a substitución da devandita máquina por unha luminaria, reforma de aseo etc... porque implicaría a valoración desa nova solicitude.
Solicite sempre calquera modificación motivándoo e dentro do prazo establecido e a Consellería resolveralle a súa solicitude.

14) Unha vez concedida a axuda na que se me indica un prazo para realizalo investimento, vexo que non me da tempo a rematalo nese prazo, que podo facer para non perder a axuda?.
Deberá solicitar a devandita modificación da resolución de concesión no prazo establecido no punto anterior (dous meses antes da data límite de xustificación do investimento). Se a solicitude de amplia-lo prazo, fose ao ano seguinte, haberá que comprobar se a Orde ten anualidade para o ano que vostede solicita e deberá achegar un aval do 110% do importe da axuda. A súa solicitude deberá ser resolta pola Consellería do Mar.

15) Todas as axudas para as empresas acuícolas teñen que presentar un informe independente de comercialización respecto da boa perspectiva da especie cultivada?; quen o pode facer?.
Só se ten que presentar este informe para as axudas no caso de tratarse de novas empresas acuícolas que estean entrando no sector (procedemento PE205F), o resto das empresas de acuicultura que se acollen a outra liña de axudas non o teñen que presentar. Este informe pode facelo calquera organismo independente, por exemplo, a universidade.
Aos efectos deste apartado enténdese por “estar entrando no sector”, ser unha empresa nova, entendéndose que será aquela que obtivera o título habilitante nun prazo máximo de dous anos anteriores á publicación da Orde, ou ser unha empresa antiga con establecemento novo coa mesma característica temporal para o mesmo. E en ambos casos, que non obtiveran ningunha axuda do FEMP.

16) A orde de axudas para propietarios de buques pesqueiros inclúe investimentos diversos en función do procedemento, ¿podo cubrir calquera Anexo de solicitude independentemente da letra que figure no anexo?
Non, porque as letras van asociados a procedementos que teñen distinta finalidade e o orzamento é distinto. Poderíase da-lo caso de que un investimento non fose subvencionable para unha finalidade e para outra sí, polo tanto, debe asegurarse cando cubra o anexo de solicitude que o investimento que solicita encaixe coa finalidade da axuda. Por exemplo, se presenta unha auditoría enerxética no procedemento PE120C (mellorar a eficiencia enerxética) podería ser subvencionable pero se o presenta no PE120B (mellora de hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo) quedaría excluído.

17) Nova Podo presentar a miña solicitude en papel?
Non, excepto os pescadores que se acollan a axuda de compra de primeiro barco de pesca, nas demás liñas é obrigatoria a presentación telemática, sexa persoa xurídica ou física.

e que pasa se tendo a obriga de facelo telemático a presento en papel?.
Pois que non é válida e se lle requerirá para que o faga en telemático, pero se nese tempo remata o prazo de presentación de solicitudes e o presenta en telemático máis tarde, a solicitude será inadmitida

18) Nova Somos unha pluralidade de persoas físicas, como debo presentar a xustificación do investimento para o que se concedeu a axuda?.
Debe presentar unha factura por cada un dos membros da pluralidade polo importe correspondente a porcentaxe de participación e o pagamento que se realice ao proveedor debe ser coincidente con esto. Exemplo:
Unha axuda de 1.000 € a nome de dúas persoas físicas chamadas X e Y, que supoñamos que vaian ao 50%. Ten que haber unha factura a nome de X por 500 € e un pagamento dende unha conta na que X sexa titular ao proveedor por 500 €; e outra factura a nome de Y por 500 € e un pagamento dende unha conta na que Y sexa titular ao proveedor por 500 €.
Ademáis no certificado bancario debe figurar obrigatoriamente a nome de quen se realiza o pagamento.

 
Bandera Unión Europea