A Xunta aposta pola innovación para impulsar a competitividade da industria de transformación de produtos do mar

31 de Xullo de 2018

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, na presentación do IV Foro de Ciencia e Tecnoloxía Innovación e biotecnoloxía para un sector mariño e alimentario máis competitivo e sustentable

La directora general de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnológica, Mercedes Rodríguez

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, puxo hoxe de relevo en Vigo a importancia de modernizar as súas estruturas co obxecto de mellorar a competitividade da industria transformadora de produtos do mar. Un aspecto, sinalou, polo que aposta a Xunta, e que se reflicte na posta a disposición de axudas ás empresas deste sector. Neste sentido, lembrou que a Xunta incrementou en 6,6 millóns de euros a contía destinada á convocatoria de 2018 das axudas para melloras nas pequenas e medianas empresas deste eido.

Esta cantidade, explicou súmase aos preto de 13 millóns de euros destinados inicialmente, o que supón un importe total de preto de 20 millóns de euros, cofinanciados co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). En relación ás convocatorias de 2016 e 2017 desta liña de axudas, a directora xeral lembrou que se concederon axudas por valor de máis de 12 millóns de euros. Así o destacou na presentación do IV Foro de Ciencia e Tecnoloxía Innovación e biotecnoloxía para un sector mariño e alimentario máis competitivo e sustentable, que se celebrará en setembro e que organiza ANFACO.

Bandera Unión Europea