A delegada territorial da Xunta asiste no concello de Ferrol á conferencia de Francisco Vázquez con motivo do XVL aniversario da Constitución Española

01 de Decembro de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá á conferencia Los pilares de la transición y su justa reivindicación, a cargo de Francisco Vázquez

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá á conferencia Los pilares de la transición y su justa reivindicación, a cargo de Francisco Vázquez. O acto, que se levou a cabo no salón de plenos do consistorio ferrolán, forma parte do programa organizado polo Concello con motivo do XLV aniversario da Constitución Española.

Francisco Vázquez foi alcalde da Coruña, deputado, senador e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Tamén ocupou o cargo de embaixador de España anta a Santa Sede.

Bandera Unión Europea