Boas prácticas de proxectos

Os proxectos cofinanciados co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) cumpren os requisitos da normativa de aplicación e contribuen, polo tanto, en maior ou menor grado, ao cumprimento do programa operativo. Malia o anterior, aquí figuran algúns exemplos de “boas prácticas” de proxectos:
Paneles fotovoltaicos

Sistema de xestión enerxética FCM nun buque de pesca arrastreiro conxelador de NAFO (ESPERANZA MENDUIÑA 3VI-5-9954)

Resumo

O investimento consiste nun sistema modular configurable desenvolvido para a xestión enerxética a bordo que inclúe módulos para o control da calidade e do consumo de gasóleo mediante a supervisión do ciclo do combustible, ademáis de módulos de control de tanques, ph e condutividade da auga de refrixeración do motor, módulo conector a rexistro de temperaturas e módulo de control de potencia e carga eléctrica, con conexións aos equipos da ponte; todo o cal permite a visualización en tempo real, así como a xestión remota do sistema, logrando a reducción do consumo e das emisiones contaminantes á atmosfera incrementando a eficiencia enerxética do buque pesqueiro.

Beneficiario
GANDÓN, SA
Localización
Vigo (Pontevedra)
Investimento subvencionable
29.520,00€
Axuda
8.856,00€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
75%

Mejora sustancial producto

Resumo

Para aprovechar los subproductos de su línea de cefalópodos (ala, tentáculos y pico de pota) y chipirón, instalan una formadora de anilla gelificada para alimentar su línea de fritos. Mediante un proceso de picado y amasado de los anteriores subproductos junto con una serie de aditivos, se obtiene una masa que será incorporada a la formadora.

Beneficiario
Cabomar Congelados, S.A.U.
Localización
Marín (Pontevedra)
Investimento subvencionable
143.950,00€
Axuda
71.975,00€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
75%

Transformación de productos de acuicultura ecológico

Resumo

Acondicionamiento da planta existente de industria conservera para la actividad de industria transformadora de productos pasteurizados refrigerados y congelados, así como envasado en atmósfera modificada de mejillón, mayoritariamente de las propias bateas de cultivo ecológicos y D.O.P. mejillón de Galicia.

Beneficiario
Barlovento, S.A..
Localización
O Grove (Pontevedra)
Investimento subvencionable
3.581.316,97€
Axuda
1.986.180,65€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
75%

Tratamiento de residuos

Resumo

Este proyecto permitió reducir la carga contaminante procedente de los efluentes originados en la manipulación de conservas y en la limpieza de las instalaciones. El proceso de depuración implantado consiste en un pretratamiento en tamiz rotativo autolimpiante, seguido de un proceso de homogenización. A continuación, se somete a un tratamiento biológico mediante el método de los lodos activados. Por último, los lodos generados en el proceso se someten a deshidratación.

Beneficiario
Orbe, S.A.
Localización
Ponte Caldelas (Pontevedra)
Investimento subvencionable
492.468,98€
Axuda
246.234,49€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
75%

Subministro e instalación dunha hélice de tecnoloxía High-Skew nun buque de pesca palangreiro de fondo (Siempre San Prudencio 3ª FE-2-4-96)

Resumo

Este investimento consiste nunha hélice tipo high-skew de 2.150 mm de diámetro, de 4 pas, material cunial, cun paso de 1780 mm e Ae/Ao do 0.48% e rake de 150 mm. Esta hélice, de maior diámetro e adaptada á estela do barco, permite reducir o ratio de empuxe/potencia conseguindo obter as mesmas prestacións a un réxime inferior de rpm con menores temperaturas de escape do motor, todo o cal redunda nun funcionamento optimizado da propulsión, reducindo o consumo, as emisións contaminantes á atmosfera e incrementando a eficiencia enerxética do buque pesqueiro.

Beneficiario
Josefa Río Franco, María del Carmen Pérez Rodríguez, Juan José Pernas Pedreira, Julio Pernas Otero.
Localización
Burela (Lugo)
Investimento subvencionable
15.400,00€
Axuda
7.700,00€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
75%

Instalación de Xogo de portas TW-vertical 2,5 mt2 800 Kg con pés de gallo nun buque de pesca de arrastre de fondo en Cantábrico NW (Ria de Marin 3ª VI-2-2-98)

Resumo

Este investimento, que limita o impacto da pesca no medio mariño, consiste en equipar o sistema de pesca cun xogo de portas que non chegan a contactar co fondo do mar, limitando o efecto físico da actividade pesqueira, ao tempo que enerxeticamente resultan máis eficientes.

Presentan un deseño hidrodinámico diferente ás portas de arrastre empregadas de xeito convencional o que permite que faciliten o seu control e operen a unha distancia do fondo e ao evitar o contacto directo co leito mariño minimizan o efecto ambiental do arrastre.

Ademais, estas portas son máis lixeiras que as utilizadas no sistema habitual de pesca, de xeito que ofrecen unha menor resistencia, polo que supoñen, á súa vez, unha mellora da eficiencia enerxética.

Beneficiario
LOIRAMAR, SL
Localización
Marín (Pontevedra)
Investimento subvencionable
12.100,00€
Axuda
6.050,00€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
75%

Adquisición do primeiro buque de pesca PAPIN PRIMERO 3º (FE-1-2-00) por pescadores novos para relevo xeracional

Resumo

A adquisición de buques de pesca por primeira vez por pescadores novos ten como obxectivo o relevo xeracional no eido da pesca, algo que se estima fundamental tendo en conta a longa tradición mariñeira da nosa Comunidade e a importancia económica desta actividade. Ademais, neste caso trátase dun buque de pesca costeira artesanal, como son a maioría das embarcacións galegas e, polo tanto, contribúen especialmente coa súa actividade a dinamizar localmente a economía da nosa costa.

Beneficiario
DOMINGO ZEUS PAPIN ÁLVAREZ
Localización
Fisterra (A Coruña)
Investimento subvencionable
66.115,70€
Axuda
16.528,93€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
75%

Promoción e difusión dos produtos do mar en centros de formación de hostalería

Resumo

O servizo consistiu en desenvolver actividades de promoción e difusión dos produtos do mar nos centros de formación en hostalería de Galicia. Estes centros dedícanse á formación e preparación dos futuros cociñeiros. Deste xeito, a información que lles achegou para potenciar a utilización dos produtos do mar nas súas futuras preparacións, servirá para incrementar o consumo destes produtos e para darlle un maior valor engadido. Os obxectivos eran fomentar o consumo de produtos da pesca e da acuicultura e aprender a coñecer e manipular os alimentos do mar desde un punto de vista gastronómico en pratos e receitas. As actividades desenvoltas consistiron en charlas informativas sobre os produtos do mar e realización de actividades de demostración e showcooking na preparación de pratos con produtos do mar.

Beneficiario
Consellería do Mar e Centros de Formación de Hostalería de Galicia
Localización
Galicia
Investimento subvencionable
255.552,00€
Axuda
0,00€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
75%

Auditoría enerxética nun buque de pesca palangreiro de superficie en augas internacionais (Hesper 3º VI-5-4-05): propulsión, xeración, proa, timón e apéndices do casco.

Resumo

O primeiro paso para mellorar a eficiencia enerxética é saber onde se é menos eficiente e que investimento deberíase realizar pola reducción enerxética que se obtén tendo en conta, ademais, o período de retorno do devandito investimento.

A empresa propietaria do buque pesqueiro no que se realizou a auditoria enerxética tiña como obxectivo analizar como se xera, transforma e utiliza a enerxía do buque e partindo deste coñecemento propor medidas ou intervencións para mellorar a eficiencia e o aforro enerxético do mesmo. Primeiro identificanse as magnitudes físicas a controlar e se instalan equipos de medición para rexistralas, unha analise operacional posterior permite a unha empresa especializada en investigación e desenvolvemento no sector naval e enerxético facer propostas concretas de intervención con vistas a acadar unha mellora enerxética do buque.

As principais conclusións da auditoría realizada ao buque é que constitúen investimentos moi convenientes o deseño dunha hélice e o rediseño do timón. Hai outros investimentos que no se consideran axeitados polas razón que se indican no propio estudo.

Beneficiario
Talasa Barbanza S.L.
Localización
Ribeira (A Coruña)
Investimento subvencionable
40.250,00€
Axuda
20.125,00€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
75%

pescadeRías ¿de onde se non?

Resumo

A marca pescadeRías ¿de onde se non? é un selo de identidade para a promoción e defensa dos peixes e mariscos procedentes da frota artesanal. Esta marca xorde desde a Consellería do Mar da Xunta de Galicia coa idea de que os produtos do mar procedentes da frota artesanal poidan ser claramente diferenciados, dentro da variada oferta que presenta un mercado cada vez máis globalizado e cunha ampla variedade de produtos.

Os produtos pesqueiros ao levar un distintivo, poden ser distinguidos con facilidade no mercado co que se atopa o consumidor a diario. Así mesmo a marca é unha ferramenta que se pon a disposición do propio sector pesqueiro para poder diferenciar a frescura e calidade do seu produto nun mercado actual competitivo e, para ademais, poder facer publicidade do seu bo facer no traballo que é o mellor aval para a continuidade e o futuro da súa actividade.

Beneficiario
A xestión está realizada pola propia Consellería do Mar e beneficia a todo o sector pesqueiro artesanal, incluído o marisqueo.
Localización
Galicia
Investimento subvencionable
199.961,11€
Axuda
199.961,11€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
75%

Instalación Fotovoltaica 150 KW

Resumo

España é líder europeo en produción así como en consumo de produtos tranformados de pesca e acuicultura, o que amosa a importancia do sector a nivel nacional.

Este proxecto consiste na xeración de enerxía eléctrica para a alimentación de procesos de bombeo de auga dende o mar ata as piscinas. Con el preténdese optimizar a enerxía aproveitada polo campo solar, obténdose unha produción anual para esta industria de 267.157 kW/h, o que supón un aforro de máis de 99 tonelas de CO2 e 26.658 litros de combustible.

Este tipo de medida promove a innovación e competitividade en canto á utilización de enerxías renovables na industria para abastecer un proceso de alto consumo enerxético.

Beneficiario
Punta Moreiras SL
Localización
O Grove (Pontevedra)
Investimento subvencionable
160.500,00€
Axuda
80.250,00€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
75%

Tratamento de augas residuais de cocedoiros de mexillón

Resumo

De toda a producción de mexillón en Galicia, aproximadamente entre un 35-40% pasa por un cocedoiro como paso previo ao seu procesado. Este proceso de cocción caracterízase por ter un elevado contido en sal, ademais de glucóxeno entre outros.

O proxecto consistíu nunha mellora do tratamento das augas residuais do cocedoiro de mexillón de xeito que o investimento realizado é axeitado ás características particulares do proceso da empresa: caudal, composición, superficie disponible etc…

Beneficiario
Mejillones Ría de Arosa SL
Localización
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Investimento subvencionable
465.619,87€
Axuda
232.809,94€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
75%

Mellora da gobernanza na xestión pesqueira artesanal no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas

Resumo

Fortalecer la pesca a pequeña escala y empoderar en la gobernanza de sus actividades pesqueras a los pescadores tradicionales a través del trabajo de elaboración de un documento de diagnóstico que recoja la dependencia socio-económica.

Beneficiario
Confradía do Grove e Confradía de Aguiño
Localización
O Grove (Pontevedra) e Aguiño (A Coruña)
Investimento subvencionable
35.095,86€
Axuda
35.095,86€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
85%

Mellora na gobernanza da xestión pesqueira artesanal no ámbito do P.N. Illas Atlánticas

Resumo

Fortalecemento da pesca a pequena escala e empoderamento na gobernanza das súas actividades pesqueiras aos pescadores tradicionais a través do traballo de elaboración dun documento de diagnose que recolla a dependencia socioeconómica das confrarías dos GALPs da Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Ría de Vigo – A Guarda, no ámbito das augas do P.N. Illas Atlánticas e as medidas de xestión pesqueira propostas por estas entidades.

Beneficiario
Confraría de pescadores “San José” de Cangas
Localización
Cangas (Pontevedra)
Investimento subvencionable
34.765,24€
Axuda
31.288,72€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
75%

Fabricación, distribución e venda de bombóns de mar

Resumo

A promotora é socia da empresa Chocolates Moreno Ribadeo, S.L., a cal está vencellada familiarmente, con este proxecto pretende acondicionar unha nave dotándoa do equipamento necesario para instalar unha fábrica de bombóns elaborados artesanalmente con algas e cítricos baixo as modalidades de chupa-chups e trufas.

Preténdese elaborar un produto con deseño e ingredientes de calidade, para iso empregará algas dunha conserveira da comarca de Ortegal.

A distribución farase dende propio establecemento, que ademais do obradoiro e un almacén, contará cunha pequena tenda; ademais diso, a promotora, tratará de chegar ao cliente a través doutras canles de venta como tendas tradicionais, pastelerías, delicatessen, feiras sectoriais, food truck, etc.

Beneficiario
María José Ríos Gómez
Localización
Ribadeo (Lugo)
Investimento subvencionable
119.696,71€
Axuda
59.848,35€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
85%

Valoración do Berberecho Cerastoderma Edule (Linnaeus, 1758) da Costa Galega, Mediante Marcador de Identidade da súa Orixe Xeográfica

Resumo

Obtención dun marcador identificativo de orixe xeográfica do berberecho galego mediante estudos de xenética poboacional, isto permitirá a autentificación do orixe, nun marco de trazabilidade e valorización do recurso, que se materialice nun etiquetado que garanta a orixe xeneticamente certificado. Permitindo tamén un control do fraude no berberecho transformado e que leve indicacións de orixe xeográfica.

Beneficiario
Confraría de Pescadores de Noia
Localización
Noia (A Coruña)
Investimento subvencionable
153.974,99€
Axuda
138.577,49€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
85%

Mellora da gobernanza na xestión pesqueira artesanal amb. Parques Illas Atlánticas (GALP 6 - 031)

Resumo

O proxecto consiste no traballo directo cos pescadores artesanais e as súas confrarías co obxectivo de mellorar a gobernanza e a xestión pesqueira na zona e o traballo conxunto final co Organismo Autónomo xestor do parque.

Beneficiario
Confraría de pescadores San Roque de Portonovo e Confraría de pescadores San Martiño de Bueu
Localización
Portonovo (Pontevedra) e Bueu (Pontevedra)
Investimento subvencionable
35.095,80€
Axuda
35.095,80€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
85%

Turismo industrial na Costa da Morte

Resumo

Créase un espazo expositivo permanente dentro do complexo de Industrias Cerdeimar, poñendo en valor a entreplanta, que quedou en desuso, da fábrica máis antiga da conserveira.

Trátase dun proxecto de turismo industrial que mostra unha parte primordial da vida económica e social: a súa propia esencia vinculada ao mar, da poboación de Camariñas. Complementa e proporciona alternativas a outras fórmulas de turismo convencional, posibilita a diversificación do sector pesqueiro e pon en valor o patrimonio material e inmaterial asociado ao mundo do mar e xente mariñeira.

Beneficiario
Industrias Cerdeimar, S.L.
Localización
Camariñas (A Coruña)
Investimento subvencionable
383.065,14€
Axuda
180.040,62€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
85%
Bandera Unión Europea