Galicia mostra á Unión Europea o funcionamento de toda a súa cadea mar-industria

19 de Xullo de 2019

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou esta tarde a lonxa de Ribeira coa xefa da unidade de soporte estrutural no Atlántico, mar do Norte, mar Báltico e rexións ultraperiféricas, Alenka Kampl.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou esta tarde a lonxa de Ribeira coa xefa da unidade de soporte estrutural no Atlántico, mar do Norte, mar Báltico e rexións ultraperiféricas, Alenka Kampl.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou esta tarde a lonxa de Ribeira coa xefa da unidade de soporte estrutural no Atlántico, mar do Norte, mar Báltico e rexións ultraperiféricas, Alenka Kampl. Alí a representante da Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e de Pesca da UE (DG MARE) comprobou o funcionamento desta rula, unha das principais de Galicia que pechou o 2018 cun volume de descargas de máis de 28.700 toneladas cunha facturación de máis de 43,4 millóns de euros e na que a principal especie descargada en cantidade e importe foi o lirio.

Con esta visita a representante da DG MARE remata a súa estadía de dous días en Galicia nos que tamén coñeceu a actividade da lonxa da Coruña, a do sector conserveiro galego, a da produción de peixes e a actividade dos grupos de acción local do sector pesqueiro. Tamén tivo a oportunidade de participar no pleno do Consello Galego de Pesca, onde explicou aos representantes dos diferentes sectores da cadea mar-industria as funcións da unidade que dirixe, que é a encargada do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). Ademais os representantes do sector presentáronlle as propostas que se fan desde Galicia para que o futuro FEMP responda ás súas necesidades reais.

Bandera Unión Europea