A Xunta mostra aos alumnos do IES Pedra da Aguia de Camariñas a importancia da pesca e dunha xestión sostible dos recursos

05 de Abril de 2019
A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, participou hoxe no IES Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas na mesa redonda Pesca e sustentabilidade, onde expuxo ante os alumnos a importancia das actividades pesqueira, marisqueira e acuícola nesta localidade coruñesa e os principais aspectos que inflúen na xestión dos recursos.

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, participou hoxe no IES Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas na mesa redonda Pesca e sustentabilidade, onde expuxo ante os alumnos a importancia das actividades pesqueira, marisqueira e acuícola nesta localidade coruñesa e os principais aspectos que inflúen na xestión dos recursos. Neste sentido, destacou a importancia dos Totais Admisibles de Capturas (TAC) e cotas, a obriga de desembarque ou os criterios que rexen para acadar unha explotación sustentable das distintas especies, asuntos que definen a traballo no día a día dos profesionais do mar.

A representante da Consellería do Mar tamén explicou cal é o reparto de competencias en materia pesqueira entre a Xunta, a Administración do Estado e as institucións europeas e salientou a relevancia do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) para o financiamento de accións de dinamización das zonas costeiras. Camariñas conta na actualidade con 73 embarcacións pesqueiras entre artes menores, cerco e palangre de fondo e 63 permisos de marisqueo a pé. A súa lonxa comercializou o ano pasado máis de 5.200 toneladas de produtos de mar que xeraron uns ingresos de máis de 5,3 millóns de euros.