Rosa Quintana aplaude a Anmupesca por dar visibilidade ás mulleres do mundo do mar a través do seu espazo web Pestanas principais

09 de Xaneiro de 2018

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou esta mañá en Santiago na presentación da páxina web da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca), onde sinalou que este “espazo de encontro dixital” servirá como ferramenta para aglutinar todo o saber facer das mulleres que forman parte desta asociación, o que contribuirá ao seu empoderamento, subliñou.

Ademais a titular de Mar aplaudiu o labor desta asociación que naceu co apoio, promoción e coordinación da Confederación Española de Pesca (Cepesca) e das administracións públicas e que xurdiu, explicou Rosa Quintana, co fin de aumentar o nivel de representación e visibilidade do colectivo feminino, imprescindible para o sector pesqueiro español.

Nesta liña, destacou que a asociación trata de aglutinar a unha ducia de colectivos de armadoras, redeiras e mariscadoras, entre outros perfís femininos de profesionais do sector do mar. Ademais, a conselleira incidiu na importancia que supuxo a súa creación para dar maior visibilidade ao papel das das mulleres que diariamente desempeñan traballos directamente relacionados coa actividade pesqueira no conxunto do Estado e que só en Galicia se aproximan ás 6.000, especificou.

Anmupesca

A Asociación Nacional de Mulleres da Pesca naceu co obxectivo de dar visibilidade ao labor diario das mulleres do mar e incrementar a conciencia social sobre a importancia da súa contribución ao sector marítimo pesqueiro. Ademais busca impulsar o seu liderado e participar de xeito activo nos órganos representativos decisorios e consultivos do sector.

A creación desta asociación concíbese tendo en conta que o programa operativo do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) contempla o apoio ao asociacionismo feminino e a creación dunha organización de mulleres profesionais do mar de carácter nacional que favoreza a súa representatividade.

Bandera Unión Europea