A Consellería do Mar convoca 20 cursos de aprendizaxe permanente en cultivo de moluscos e de peixe. Así, formará a 400 persoas en materia de seguridade e hixiene no traballo, comercialización e nutrición, patoloxía e xestión sanitaria entre os meses de novembro e decembro en diferentes centros da nosa comunidade.
Á vista da evolución que está tendo este eido e das iniciativas de investigación e innovación encamiñadas a aumentar a sustentabilidade e a produtividade, a Consellería do Mar considera necesaria a posta en marcha desta formación para que o persoal traballador do sector acuícola se adapte aos cambios que se van producindo.
Estes cursos serán cofinanciados co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), terán unha duración de 6 horas e desenvolveranse en dúas sesións de tres horas cada unha. Así mesmo, diríxense aos traballadores asalariados do sector, autónomos vinculados á acuicultura así como os cónxuxes ou parellas de feito destes últimos que traballen no sector do cultivo de moluscos e no da piscicultura mariña e continental.
A formación desenvolverase no Instituto Galego de Formación en Acuicultura, no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo, na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira, na de Ferrol, na Facultade de Veterinaria de Lugo, en aulas de extensión pesqueira e nas instalacións dalgunhas confrarías.
Como acceder
O período de matrícula para estes cursos, que contarán con 20 prazas cada un, estará aberto dende hoxe ata o 31 de outubro. As persoas interesadas en realizar estes cursos deberán presentar a solicitude de matrícula e a documentación requirida nas xefaturas territoriais e comarcais da Consellería do Mar ou por calquera das formas establecidas na lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As condicións de acceso a estes cursos están recollidas neste enlace.
Os cursos desenvolveranse nos lugares e datas que se relacionan no seguinte cadro:
NOME DO CURSO | DESTINATARIOS/AS | DATA | LUGAR |
Seguridade e hixiene no traballo en acuicultura | Sector cultivo de moluscos | 2-3 de novembro | Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa |
Seguridade e hixiene no traballo en acuicultura | Sector cultivo de moluscos | 2-3 de novembro | Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira |
Seguridade e hixiene no traballo en acuicultura | Sector cultivo de moluscos | 2-3 de novembro | Aula da confraría de Muros |
Seguridade e hixiene no traballo en acuicultura | Sector cultivo de moluscos | 9-10 de novembro | Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa |
Seguridade e hixiene no traballo en acuicultura | Sector cultivo de moluscos | 9-10 de novembro | Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo |
Seguridade e hixiene no traballo en acuicultura | Sector cultivo de moluscos | 9-10 de novembro | Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira |
Seguridade e hixiene no traballo en acuicultura | Sector cultivo de moluscos | 9-10 de novembro | Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol |
Seguridade e hixiene no traballo en acuicultura | Sector piscicultura continental | 2-3 de novembro | Aula de extensión pesqueira de Fisterra |
Seguridade e hixiene no traballo en acuicultura | Sector piscicultura mariña | 2-3 de novembro | Aula de extensión pesqueira de Burela ou Celeiro |
Seguridade e hixiene no traballo en acuicultura | Sector piscicultura mariña | 9-10 de novembro | Aula da confraría de Camariñas |
Seguridade e hixiene no traballo en acuicultura | Sector piscicultura mariña | 16-17 de novembro | Aula de extensión pesqueira de Burela ou Celeiro |
Seguridade e hixiene no traballo en acuicultura | Sector piscicultura mariña | 16-17 de novembro | Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo |
Seguridade e hixiene no traballo en acuicultura | Sector piscicultura mariña | 16-17 de novembro | Aula da confraría de Muros |
Seguridade e hixiene no traballo en acuicultura | Sector piscicultura continental | 23-24 de novembro | Facultade de Veterinaria de Lugo |
Comercialización en acuicultura | Sector cultivo de moluscos | 23-24 de novembro | Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira |
Comercialización en acuicultura | Sector cultivo de moluscos | 30 novembro-1 de decembro | Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa |
Comercialización en acuicultura | Sector cultivo de moluscos | 30 novembro-1 de decembro | Aula da confraría de Muros |
Comercialización en acuicultura | Sector cultivo de moluscos | 30 novembro-1 de decembro | Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo |
Nutrición, patoloxía e xestión sanitaria | Sector piscicultura continental | 30 novembro-1 de decembro | Aula de extensión pesqueira de Burela ou Celeiro |
Nutrición, patoloxía e xestión sanitaria | Sector piscicultura continental | 30 novembro-1 de decembro | Aula de extensión pesqueira de Fisterra |