Subministro e instalación dunha hélice de tecnoloxía High-Skew nun buque de pesca palangreiro de fondo (Siempre San Prudencio 3ª FE-2-4-96)

Resumo

Este investimento consiste nunha hélice tipo high-skew de 2.150 mm de diámetro, de 4 pas, material cunial, cun paso de 1780 mm e Ae/Ao do 0.48% e rake de 150 mm. Esta hélice, de maior diámetro e adaptada á estela do barco, permite reducir o ratio de empuxe/potencia conseguindo obter as mesmas prestacións a un réxime inferior de rpm con menores temperaturas de escape do motor, todo o cal redunda nun funcionamento optimizado da propulsión, reducindo o consumo, as emisións contaminantes á atmosfera e incrementando a eficiencia enerxética do buque pesqueiro.

Beneficiario
Josefa Río Franco, María del Carmen Pérez Rodríguez, Juan José Pernas Pedreira, Julio Pernas Otero.
Localización
Burela (Lugo)
Investimento subvencionable
15.400,00€
Axuda
7.700,00€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
75%
Bandera Unión Europea