O primeiro paso para mellorar a eficiencia enerxética é saber onde se é menos eficiente e que investimento deberíase realizar pola reducción enerxética que se obtén tendo en conta, ademais, o período de retorno do devandito investimento.
A empresa propietaria do buque pesqueiro no que se realizou a auditoria enerxética tiña como obxectivo analizar como se xera, transforma e utiliza a enerxía do buque e partindo deste coñecemento propor medidas ou intervencións para mellorar a eficiencia e o aforro enerxético do mesmo. Primeiro identificanse as magnitudes físicas a controlar e se instalan equipos de medición para rexistralas, unha analise operacional posterior permite a unha empresa especializada en investigación e desenvolvemento no sector naval e enerxético facer propostas concretas de intervención con vistas a acadar unha mellora enerxética do buque.
As principais conclusións da auditoría realizada ao buque é que constitúen investimentos moi convenientes o deseño dunha hélice e o rediseño do timón. Hai outros investimentos que no se consideran axeitados polas razón que se indican no propio estudo.
