Turismo industrial na Costa da Morte

Resumo

Créase un espazo expositivo permanente dentro do complexo de Industrias Cerdeimar, poñendo en valor a entreplanta, que quedou en desuso, da fábrica máis antiga da conserveira.

Trátase dun proxecto de turismo industrial que mostra unha parte primordial da vida económica e social: a súa propia esencia vinculada ao mar, da poboación de Camariñas. Complementa e proporciona alternativas a outras fórmulas de turismo convencional, posibilita a diversificación do sector pesqueiro e pon en valor o patrimonio material e inmaterial asociado ao mundo do mar e xente mariñeira.

Beneficiario
Industrias Cerdeimar, S.L.
Localización
Camariñas (A Coruña)
Investimento subvencionable
383.065,14€
Axuda
180.040,62€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
85%
Bandera Unión Europea