Adquisición do primeiro buque de pesca PAPIN PRIMERO 3º (FE-1-2-00) por pescadores novos para relevo xeracional

Resumo

A adquisición de buques de pesca por primeira vez por pescadores novos ten como obxectivo o relevo xeracional no eido da pesca, algo que se estima fundamental tendo en conta a longa tradición mariñeira da nosa Comunidade e a importancia económica desta actividade. Ademais, neste caso trátase dun buque de pesca costeira artesanal, como son a maioría das embarcacións galegas e, polo tanto, contribúen especialmente coa súa actividade a dinamizar localmente a economía da nosa costa.

Beneficiario
DOMINGO ZEUS PAPIN ÁLVAREZ
Localización
Fisterra (A Coruña)
Investimento subvencionable
66.115,70€
Axuda
16.528,93€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
75%
Bandera Unión Europea