Resumo
Este investimento, que limita o impacto da pesca no medio mariño, consiste en equipar o sistema de pesca cun xogo de portas que non chegan a contactar co fondo do mar, limitando o efecto físico da actividade pesqueira, ao tempo que enerxeticamente resultan máis eficientes.
Presentan un deseño hidrodinámico diferente ás portas de arrastre empregadas de xeito convencional o que permite que faciliten o seu control e operen a unha distancia do fondo e ao evitar o contacto directo co leito mariño minimizan o efecto ambiental do arrastre.
Ademais, estas portas son máis lixeiras que as utilizadas no sistema habitual de pesca, de xeito que ofrecen unha menor resistencia, polo que supoñen, á súa vez, unha mellora da eficiencia enerxética.
Beneficiario
LOIRAMAR, SL
Localización
Marín (Pontevedra)
Investimento subvencionable
12.100,00€
Axuda
6.050,00€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
75%
