pescadeRías ¿de onde se non?

Resumo

A marca pescadeRías ¿de onde se non? é un selo de identidade para a promoción e defensa dos peixes e mariscos procedentes da frota artesanal. Esta marca xorde desde a Consellería do Mar da Xunta de Galicia coa idea de que os produtos do mar procedentes da frota artesanal poidan ser claramente diferenciados, dentro da variada oferta que presenta un mercado cada vez máis globalizado e cunha ampla variedade de produtos.

Os produtos pesqueiros ao levar un distintivo, poden ser distinguidos con facilidade no mercado co que se atopa o consumidor a diario. Así mesmo a marca é unha ferramenta que se pon a disposición do propio sector pesqueiro para poder diferenciar a frescura e calidade do seu produto nun mercado actual competitivo e, para ademais, poder facer publicidade do seu bo facer no traballo que é o mellor aval para a continuidade e o futuro da súa actividade.

Beneficiario
A xestión está realizada pola propia Consellería do Mar e beneficia a todo o sector pesqueiro artesanal, incluído o marisqueo.
Localización
Galicia
Investimento subvencionable
199.961,11€
Axuda
199.961,11€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
75%
Bandera Unión Europea