Resumo
A promotora é socia da empresa Chocolates Moreno Ribadeo, S.L., a cal está vencellada familiarmente, con este proxecto pretende acondicionar unha nave dotándoa do equipamento necesario para instalar unha fábrica de bombóns elaborados artesanalmente con algas e cítricos baixo as modalidades de chupa-chups e trufas.
Preténdese elaborar un produto con deseño e ingredientes de calidade, para iso empregará algas dunha conserveira da comarca de Ortegal.
A distribución farase dende propio establecemento, que ademais do obradoiro e un almacén, contará cunha pequena tenda; ademais diso, a promotora, tratará de chegar ao cliente a través doutras canles de venta como tendas tradicionais, pastelerías, delicatessen, feiras sectoriais, food truck, etc.
Beneficiario
María José Ríos Gómez
Localización
Ribadeo (Lugo)
Investimento subvencionable
119.696,71€
Axuda
59.848,35€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
85%