Promoción e difusión dos produtos do mar en centros de formación de hostalería

Resumo

O servizo consistiu en desenvolver actividades de promoción e difusión dos produtos do mar nos centros de formación en hostalería de Galicia. Estes centros dedícanse á formación e preparación dos futuros cociñeiros. Deste xeito, a información que lles achegou para potenciar a utilización dos produtos do mar nas súas futuras preparacións, servirá para incrementar o consumo destes produtos e para darlle un maior valor engadido. Os obxectivos eran fomentar o consumo de produtos da pesca e da acuicultura e aprender a coñecer e manipular os alimentos do mar desde un punto de vista gastronómico en pratos e receitas. As actividades desenvoltas consistiron en charlas informativas sobre os produtos do mar e realización de actividades de demostración e showcooking na preparación de pratos con produtos do mar.

Beneficiario
Consellería do Mar e Centros de Formación de Hostalería de Galicia
Localización
Galicia
Investimento subvencionable
255.552,00€
Axuda
0,00€
Porcentaxe de cofinanciamento FEMP
75%
Bandera Unión Europea