Que é o FEMP

O Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) é un dos cinco Fondos Estructurais e de Investimentos Europeos (Fondos EIE) para o período 2014-2020 que contribue á consecución dos obxectivos da Política Pesqueira Común (PPC), a Política Marítima Integrada (PMI) e á estratexia Europa 2020.

O ámbito de aplicación do FEMP inclúe axudas á PPC para a conservación dos recursos biolóxicos mariños, a xestión da pesca e das frotas que explotan os devanditos recursos, os recursos biolóxicos de auga doce e a acuicultura, así como para a transformación e comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura, cando estas actividades sexan realizadas no territorio dos Estados membros ou por buques pesqueiros da Unión ou por nacionais de Estados membros. Tamén presta apoio para o control e a inspección así como para dispor de información completa e fiable, tanto con fines de asesoramento científico como a efectos de execución e control.

 

27 de Febreiro de 2024

A delegada da Xunta, Ana Ortiz, e a directora-xerente do Cetmar, Paloma Rueda, percorreron a mostra organizada pola Fundación Biodiversidad coa colaboración da Autoridade Portuaria de Vigo

 

Axudas

15
Dec
ORDE do 12 de decembro de 2023 pola que se amplía o crédito da Orde do 28 de xullo de 2023 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2023 das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, da compensación á frota pesqueira galega polas consecuencias da guerra de Ucraína, cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (código de procedemento PE107F)
02
Out
ORDE do 22 de setembro de 2023 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2023 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva ás persoas armadoras e non competitiva ás persoas tripulantes, por paralización temporal da actividade percebeira das embarcacións afectadas pola veda temporal dos bancos marisqueiros incluídos no Plan de xestión de percebe desde embarcación da Confraría de Bueu (cofinanciada ao 50 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca) (códigos de procedemento PE406C e PE406D)

De interese

Bandera Unión Europea